ACCIÓN CULTURAL

Últimos días para inscribirse nos dous talleres sobre mediación cultural organizados pola Concellaría de Acción Cultural

22/03/2016 A Concellaría de Acción Cultural programou dous talleres baixo o título Pensar a mediación cultural. Que flúa, destinados a persoas pertencentes a entidades e asociacións que desenvolvan proxectos de ámbito local ou pretendan poñer en marcha experiencias de mediación cultural sobre Santiago de Compostela. Celebraranse os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril no Local Sociocultural da Caramoniña (travesía Escultor Asorey, 14 – baixo).

A participación nestes talleres é de balde e aínda quedan catro prazas por cubrir: unha na quenda de mañá, en horario de 10:30 a 14:30 horas, e tres na quenda de tarde, en horario de 16:30 a 20:30 horas. As persoas interesadas deben formalizar a preinscrición a través do Rexistro Xeral do Concello (rúa do Presidente Salvador Allende , 4 –baixo), aberto tamén o sábado 26 de marzo, ou do Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, aberto este martes e o mércores de 10:00 a 14:00 horas.

As prazas cubriranse por ode de inscrición, atendendo ao perfil dos solicitantes. Deberá achegarse o modelo formalizado para a participación, xunto cunha carta de motivación para participara e un breve currículo.

Investigación
Os talleres serán conducidos por David Rodríguez (AKa Tina Paterson) e Jordi Claramonte. Pretende achegar dun modo participativo un resumo crítico das características do traballo do mediador cultural, centrándose no contexto específico de Santiago de Compostela e na súa contorna. Trátase de traballar en torno a unha ferramenta de interacción e facilitación entre cidadáns, barrios e institucións.

Farase unha investigación sobre a crise dos modelos de relación entre os centros culturais, revisando exemplos de novas experiencias de laboratorios de creación baseados na produción e na participación.

Compartir: