ALCALDÍA

Encontro en Raxoi coa Fundación Heracles

21/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi con representantes do Padroado da Fundación Heracles, co seu presidente á cabeza, Pepe Casal.

A Fundación Heracles traballa na potenciacion da práctica do baloncesto en Galicia a través das categorías base do Rio Natura Monbus Obradoiro. Mediante o seu convenio de colaboración, as categorías reciben o apoio social, loxístico e económico da Fundación.

Compartir: