ALCALDÍA

A bandeira europea, a medio mastro en Raxoi

18/03/2016 A bandeira europea ondea a medio mastro no Pazo de Raxoi en sinal de dó e de rexeitamento polo acordo UE-Turquía coas persoas refuxiadas.

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación, saíron á praza do Obradoiro para observar a baixada da bandeira, do que se encargaron os Bombeiros. Esta decisión contou co apoio unánime dos catro grupos da Corporación no Pleno celebrado este xoves.

Compartir: