CONVIVENCIA E MOBILIDADE

Comeza este mércores a quinta fase das obras do paso inferior de Conxo

15/03/2016 Con motivo da execución da fase 5 das obras do enlace de Conxo produciranse afeccións ao tráfico no periférico de Santiago de Compostela (SC-20), a partir de mañá mércores, 16 de marzo.

Os traballos a realizar nesta quinta fase consistirán na execución da lousa que dará lugar á futura glorieta situada no nivel superior do enlace, a escavación necesaria para rebaixar a rasante do periférico entre os muros pantalla, a construción do sistema de drenaxe e a totalidade dos traballos correspondentes á execución dos firmes, a sinalización, o balizamento, os sistemas de contención e a iluminación da infraestrutura.

Para a execución das actuacións correspondentes a esta nova fase de obra, reordenarase o tráfico da seguinte maneira:

- Diminución do número de carrís, de 2 a 1, nas calzadas sentido Pontevedra e A Coruña na estrada SC-20 entre o PP.KK. 7+235 e 7+905 (contorna da glorieta de Conxo).
- Permitirase o acceso a/dende as rúas Campo de Conxo e Ramón Baltar.
- Permitirase o acceso á rúa Conxo de Arriba e dende a rúa Sánchez Freire só aos autobuses urbanos.

As principais alternativas de alta capacidade para os accesos á cidade e hospitais, ao tramo da SC-20 en obras, serán a autoestrada AP-9 e a estrada SC-11. Os desvíos habilitados tamén garantirán a permeabilidade entre barrios para o tráfico local a través dos pasos a distinto nivel da SC-20.

Tanto os desvíos como os itinerarios alternativos recomendados durante esta quinta fase estarán debidamente sinalizados. Así mesmo, os desvíos nas liñas de transporte público urbano afectadas pola execución das obras pódense consultar no documento adxunto.

Documentos relacionados



Compartir: