EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O grupo da alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal gañador do concurso Aula de Patrimonio inicia a súa visita a Salamanca

15/03/2016 Este martes iniciouse a viaxe a Salamanca do grupo de escolares do IES Eduardo Pondal que gañaron en Santiago o concurso do Programa Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, despediu o grupo de 25 alumnos e alumnas e as profesoras que os acompañan. Ata o 17 de marzo, participarán nun programa de actividades preparado polo Departamento de Educación do Concello de Salamanca. Haberá percorridos pola cidade castelá, visitas patrimoniais e culturais, unha recepción no consistorio salmantino e mesmo unha xincana cultural pola cidade.

Esta viaxe terá continuidade os dias 5, 6 e 7 de abril, cando o grupo de escolares da cidade de Salamanca visiten Santiago desenvolvendo o programa de actividades que o Departamento de Educación e Cidadanía lle ten preparado.

Compartir: