CONVIVENCIA

Protección Civil estrea furgoneta

15/03/2016 O servizo de Protección Civil de Compostela vai estrear unha nova furgoneta. O vehículo foille entregado hoxe á Agrupación polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto celebrado na praza do Obradoiro, e no que participaron o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza adquiriu sete furgonetas para as agrupacións de Protección Civil das sete grandes cidades galegas, en resposta a unha vella demanda do servizo. Os vehículos foron entregados hoxe aos alcaldes ou concelleiros das urbes, coa excepción de Vigo, que non asistiu ao acto do Obradoiro.

Compartir: