ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal abre o seu programa de Semana Santa con "La Passió de Crist"

11/03/2016 Este domingo, 13 de marzo, a Banda Municipal presenta o primeiro concerto dedicado á temática relixiosa ao redor da Semana Santa compostelá. Baixo o título de La Passió de Crist, presenta un programa que comeza co Requiem do compositor D. Maslanka, para continuar ascendendo ao paraiso coa sinfonía La Divina Comedia, de R. W. Smith, e concluir sinfonía do compositor valenciano Ferrer Ferran titulada La Passió de Crist. A cita é no Auditorio de Galicia ás 12:00 horas.

A interpretación de La Passió de Crist contará coa narración de Anxo García. Ademais, neste concerto, a Banda contará coa colaboración do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

Compartir: