ALCALDÍA

Parabéns da Corporación ao compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curta "Stutterer", gañadora dun Oscar

11/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o músico compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curtametraxe Stutterer, gañadora dun Oscar na última edición. No encontro tamén participaron os voceiros de Compostela Aberta, Marta Lois, e do Partido Popular, Agustín Hernández, ademais dos concelleiros socialistas Gonzalo Muíños e Milagros Castro.

As sons características do teléfono ou do Facebook, mesturadas por Nico Casal con melodías de piano e cordas, ambientan musicalmente o filme Stutterer, curtametraxe escrita e dirixida por Benjamin Cleary. Conta a historia dun grafólogo tartamudo que se namora por internet dunha moza e o seu temor a coñecela en persoa polo medo a ser rexeitado.

Compartir: