MOCIDADE

A Alameda acollerá a carpa do programa "Xuventude, moito que dicir"

23/10/2006 Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá do 7 ao 27 de novembro a exposición itinerante do programa "Xuventude, moito que dicir", da Fundación La Caixa. Un convenio de colaboración desta entidade co Concello permitirá traer a Compostela esta iniciativa, dirixida a recoñecer e potenciar o papel activo dos mozos e mozas na sociedade.

"Xuventude, moito que dicir" promove os valores éticos e de convivencia, e prevén as condutas incívicas e as de risco individual. Con esta fin, o programa inclúe unha exposición itinerante, que está a percorrer as diferentes comunidades autónomas. Ademais, comprende un concurso de iniciativas sociais e unha publicación de divulgación dirixida ás familias.

Compartir: