LIMPEZA

O servizo de limpeza da vía pública amplíase a domingos e festivos en novembro e decembro

23/10/2006 A raíz das peticións formuladas polos veciños, o Goberno municipal decidiu ampliar o servizo de limpeza da vía pública durante os festivos e domingos dos meses de novembro e decembro. A Xunta de Goberno Local deu o visto bo a esta medida.

Esta ampliación do servizo afectará a trece días, entre domingos e festivos, e o horario de funcionamento será de 7:00 a 13:30 horas. Esta actuación ten un custo adicional de 4.390 euros.

Compartir: