ALCALDÍA E CONVIVENCIA

Os Bombeiros de Santiago celebran o seu día

08/03/2016 O 8 de marzo celébrase o Día dos Bombeiros, e o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Compostela celebrouno cunha recepción nas súas instalacións. O alcalde, Martiño Noriega, o concelleiro de Medio Ambiente e Cidadanía, Xan Duro, e os voceiros da oposición asistiron a este acto, ao que tamén estiveron invitados representantes da Policía Local, Protección Civil, a Policía Nacional e a Garda Civil.

Antes desa recepción no Parque de Bombeiros, os efectivos do corpo asistiron a unha misa na Catedral de Santiago, e a unha pequena recepción no Pazo de Raxoi.

Compartir: