ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu o embaixador de Irlanda, David Cooney

08/03/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi o embaixador de Irlanda, David Cooney, quen asinou no Libro de Honra da Cidade. Logo sumouse na praza do Obradoiro á lectura da declaración institucional con motivo do Día Internacional das Mulleres.

David Cooney está de visita en Galicia, onde ten previstos varios encontros institucionais. En particular, participará nos actos conmemorativos do centenario do Levantamento de Pascua de 1916, que marcou o inicio da República irlandesa.

Compartir: