IGUALDADE
Os obradoiros comezan este martes, 8 de marzo, na parroquia de Enfesta, coincidindo co Día Internacional das Mulleres. Hai un total de 17 inscritas e constituíuse lista de agarda para as actividades despois do éxito da iniciativa. O mércores tamén se desenvolverá na parroquia de Villestro, onde se anotaron un total de 13 mulleres. Os obradoiros que ían ter lugar en Marrozos vanse trasladar finalmente á parroquia do Eixo a petición das persoas participantes.
Mellora do benestar
O programa está deseñado para que mellore o benestar e a calidade de vida das mulleres do rural. Busca que as participantes se preocupen por elas mesmas e co obxectivo de ser felices. Entre as actividades previstas para estes días atópanse obradoiros de traballo co propio corpo, para que aprendan a interpretar os sinais que este envía cando hai algunha enfermidade, malestar ou cansazo. En "Da horta para a casa" reflexionarase sobre a importancia de que as mulleres se regalen tempo para si mesmas á marxe do traballo no fogar.
Haberá tamén un obradoiro de risoterapia e outro de autocoidados. As actividades desenvolveranse durante 4 sesións, coa mirada posta no xoves 17 de marzo ás 18 horas, cando terá lugar unha actividade de música e teatro na parroquia de Enfesta, da man dunha actriz e dun cantautor.
8 de marzo
Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres, o Concello de Santiago está a desenvolver numerosas actividades que se desenvolverán ao longo de varios meses. Para o día de mañá está prevista a lectura dun manifesto na praza do Obradoiro ás 12:00 horas.
Mapa feminista de Compostela
Co obxectivo de impulsar a creación da marca Compostela, territorio das mulleres, crearase un mapa que servirá para, por unha banda, poñer en valor lugares e espazos que teñen relevancia no relato histórico das mulleres da cidade e, por outra, apoiar e promover aos axentes sociais e económicos que fan unha aposta pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres en Compostela.
Comezarase por abrir o proceso ao sector da hostalería e o turismo de Compostela, para que valoren que contidos poderían incorporar, dende esta perspectiva, nas súas prácticas e espazos, compromisos que se farán públicos a través do mapa. Ao mesmo tempo, o mapa servirá para explorar unha dimensión turística orientada a facer de Compostela unha cidade women friendly, cuxo selo axudará na consolidación da capital galega como destino turístico.
Literarias
A través desta iniciativa convidouse ás librarías e editoriais de Compostela a que se impliquen na promoción da igualdade de xénero. Concretamente, propúxoselles que destaquen nos seus escaparates, zonas visibles, tendas en liña, redes sociais e páxinas web, escolmas de libros escritos por mulleres e/ou de pensamento feminista. Trátase de poñer en valor a escritura de autoras a través da poesía, a literatura, o teatro, o ensaio ou a banda deseñada que fomente os dereitos das mulleres, visibilice a loita feminista e permita ollar máis aló dos estereotipos sexistas. A acción comezou o 1 de marzo e durará ata o vindeiro día 10.
Polo de agora sumáronse á iniciativa as seguintes librerías, editoriais e bibliotecas: Cronopios, Follas Novas, Kómic, Ciranda, Couceiro, Lila de Lilith, Pedreira, Fonseca, San Pablo, Tirana, NUMAX, Editoriais Alvarellos, Editora Apiario, Edicións Positivas, Hugin e Munin, Urco Editora e as bibliotecas Concepción Arenal, Ánxel Casal e Xeral.
Camiños da auga. Fontes e lavadoiros
Antigamente, as mulleres carrexaban auga para achegala a determinados lugares. A intención é visitar algunhas das fontes máis emblemáticas da cidade e falar doutras que están noutros lugares, ou que xa non existen. Ao redor delas achegarémonos á historia das mulleres e do seu labor cotián. O paseo das fontes está previsto para o domingo 13 de marzo.
O 17 de abril tamén se realizará un paseo por varios lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Ámbolos dous paseos estarán guiados pola palabra de Encarna Otero.
O obradoiro "Vida Propia" chega a tres parroquias do rural con actividades de empoderamento da muller
07/03/2016 Os concelleiros de Igualdade e de Medio Rural, Marta Lois e Rafael Peña, achegáronse esta mañá ao Local Social de Enfesta para presentar o obradoiro Vida Propia, que comeza esta semana en tres parroquias de Santiago: Enfesta, O Eixo e Villestro.
A concelleira de Igualdade destacou a importancia de que "as mulleres do rural formasen parte da campaña Compostela, territorio das mulleres, que está a desenvolver a Concellaría de Igualdade dentro das actividades pensadas para o Día Internacional das Mulleres. Vida Propia busca un espazo para o empoderamento e a autonomía da muller no rural e é unha aposta clara por visibilizar a todas aquelas mulleres que levan anos traballando e preocupándose por todo o mundo menos por elas mesmas".Os obradoiros comezan este martes, 8 de marzo, na parroquia de Enfesta, coincidindo co Día Internacional das Mulleres. Hai un total de 17 inscritas e constituíuse lista de agarda para as actividades despois do éxito da iniciativa. O mércores tamén se desenvolverá na parroquia de Villestro, onde se anotaron un total de 13 mulleres. Os obradoiros que ían ter lugar en Marrozos vanse trasladar finalmente á parroquia do Eixo a petición das persoas participantes.