ESPAZOS CIDADÁNS E DEREITO Á VIVENDA
A declaración como ARI do barrio de Vite permitirá realizar actuacións de mellora da accesibilidade, semellantes ás que se veñen realizando noutras Áreas de Rehabilitación Integral como Vista Alegre, Pontepedriña ou a Cidade Vella. As actuacións centraranse na instalación de ascensores e ramplas, así como na adecuación estética exterior dos edificios. No ámbito afectado existen un total de 1.231 vivendas. Trátase de vivendas de promoción pública construídas nos anos sesenta.
A Xunta notifica a aprobación da ARI de Vite
23/02/2016 O Instituto Galego da Vivenda e Solo comunicou esta mañá ao Concello a aprobación da declaración de Área de Rehabilitación Integral para o ámbito de Vite, que lle fora solicitada por acordo da Xunta de Goberno do pasado 7 de agosto. O IGVS e o Concello deberán asinar un convenio específico para o financiamento de actuacións de rehabilitación.
O escrito do IGVS sinala que a declaración de ARI "non leva implícito o financiamento das actuacións de rehabilitación" e "deberase subscribir o correspondente acordo específico na comisión bilateral de seguimento". Ademais, para a tramitación das actuacións, o Concello deberá contar cunha oficina municipal que posibilite a información e a xestión das posibles axudas, un compromiso xa asumido polo Goberno local.A declaración como ARI do barrio de Vite permitirá realizar actuacións de mellora da accesibilidade, semellantes ás que se veñen realizando noutras Áreas de Rehabilitación Integral como Vista Alegre, Pontepedriña ou a Cidade Vella. As actuacións centraranse na instalación de ascensores e ramplas, así como na adecuación estética exterior dos edificios. No ámbito afectado existen un total de 1.231 vivendas. Trátase de vivendas de promoción pública construídas nos anos sesenta.