CONVIVENCIA

A Policía Local recibiu a medalla do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

19/02/2016 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou no acto de entrega das medallas do Colexio de Avogados de Santiago, celebrado no Hostal dos Reis Católicos con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort. Unha das distincións foi para a Policía Local de Santiago.

O xefe da Policía Local de Santiago, José Manuel Traba, recolleu o galardón outorgado este ano, no apartado de Non Abogados, ás forzas locais de seguridade. Xunto a el, recibiron o premio o comisario da Policía Nacional, Simón Sabariz, e o capitán da Garda Civil en Santiago, Luis Nicolás Arroyo

Na categoría de Dereitos Humanos, a distinción foi para a Fundación Andrea, recibíndoa a súa presidenta, Charlo Barca. Ademais, o Colexio de Avogados de Santiago outorgou dúas medallas de ouro póstumas a dúas letradas falecidas en 2015: Milagrosa Rodríguez Martínez e Antonia Rodríguez López.

Compartir: