ACCIÓN CULTURAL

Concerto da Banda Municipal con dous alumnos do Conservatorio Profesional

19/02/2016 A Banda Municipal de Música ofrece este domingo un novo concerto, desta vez acompañada por dous solistas de excepción, Ismael Azidane e Marta Fernández, alumnos do Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela . A cita é ás 12:00 horas no Teatro Principal, con entrada de balde ata esgotar o aforo.

O dous solistas que tocarán coa Banda, dirixida por Juan Miguel Romero, gañaron o concurso de solistas organizado polo Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela. O percusionista Ismael Azidane interpretará o Concerto para marimba de D. Guillingham, mentres Marta Fernandez tocará o Piano concerto de L. Anderson.

Compartir: