TURISMO

As cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse no mercado alemán

18/02/2016 Santiago de Compostela e as outras 14 cidades españolas Patrimonio da Humanidade, tras a súa recente presenza nas feiras de Utrecht (Países Baixos) e Bruxelas (Bélxica), continúan a súa promoción no norte de Europa de acordo ao Plan Operativo 2016, aprobado pola Asemblea de Alcaldes o pasado 22 de xaneiro en Fitur. Desta forma, desde onte e ata o próximo 21 de febreiro, o Grupo está presente na Feira Reisen de Hamburgo, a feira da industria turística máis importante do norte de Alemaña, que se celebra neste importante enclave do sistema económico xermano.

A Feira Reisen (www.reisenhamburg.de) ten lugar no Hamburg Messe und Congress de Hamburgo e espérase sexa visitada por unhas 70.000 persoas que poderán coñecer de primeira man, a través dos a que 900 expositores de todo o mundo presentes, produtos e destinos agrupados nas seguintes áreas: vacacións, caravanas, cámping e turismo activo. No marco da feira celébranse tamén numerosos espectáculos, conferencias sobre viaxes, presentacións de produtos e eventos informativos sobre novos destinos de viaxe

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España está presente na feira cun mostrador propio dentro da caseta de Turespaña, dende a que se informará da oferta das 15 cidades e se proporcionará material de promoción destes destinos culturais, cada vez máis demandados polos viaxeiros alemáns na súa viaxes a España. Ademais, haberá un almorzo de traballo para turoperadores da rexión, organizado pola Oficina Española de Turismo de Berlín.

O mercado emisor alemán
Con máis de 80 millóns de habitantes e unha elevada renda per cápita, Alemaña é un dos mercados emisores de turistas máis importantes do mundo. Segundo o Informe de Viaxes (Reise Analyse, 2015) do Instituto Alemán de Investigación Turística (FUR), en 2014, o 80% dos alemáns realizou unha viaxe de longa duración, sendo un dos países europeos con maior propensión ao turismo. As principais rexións emisoras de turistas son Renania-Westfalia, Baviera, Baden-Würtenberg e Baixa Sajonia.

O primeiro destino dos alemáns no estranxeiro é España, cunha cota de mercado do 13,5%, seguido de Italia (7,8%), Turquía (7%) e Austria (4,9%). Os produtos turísticos máis consumidos en 2014 foron: sol e praia (62%), turismo urbano (7%), itinerarios/rutas (6%) turismo activo e deportivo (4%) e cruceiros (4%). Nas viaxes de sol e praia, o turista alemán tamén está interesado nas seguintes actividades: visitas culturais, natureza, gastronomía, actividades acuáticas, paseos pola contorna, pasar tempo coa familia, compras e sendeirismo.

Segundo os datos de FRONTUR/EGATUR (Turespaña), en 2014, 10,4 millóns de turistas alemáns visitaron España, un +5,7% máis que en 2013. Estes supuxeron o 16% do total de turistas recibidos, por detrás de Reino Unido, e a moi pouca distancia de Francia.

En gasto, con 10.024 millóns de euros, un +3% máis que en 2013, Alemaña situouse no segundo posto do ránking, achegando un 15,9% do gasto total, só por detrás de Reino Unido. Aínda que dende marzo de 2015 este mercado parece presentar síntomas de cansazo, acumulando nos once primeiros meses de 2015 un leve descenso do -0,8% (Frontur INE), a conxuntura económica mantense positiva, e os alemáns manteñen as viaxes vacacionais como principais prioridades do consumo, e as previsións de capacidade aérea para o próximos tres meses mostran un considerable crecemento.

Compartir: