ALCALDÍA

Compostela reúne aos máximos expertos europeos en valoración inmobiliaria

20/10/2006 Celébrase o "Seminario sobre modelos de valoración automatizada de bens inmobles con fins catastrais". Por este motivo están en Compostela os principais expertos europeos na materia. O evento organízao a Dirección Xeral do Catastro, cuxos responsables foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O rexedor compostelán animou aos participantes nas xornadas a sacar conclusións que permitan mellorar o funcionamento e a transparencia do mercado inmobiliario. En particular, manifestou a necesidade de loitar contra o fraude fiscais e de evitar especulacións e delitos inmobiliarios.

Lembroulles tamén que Compostela é economicamente medible e que o seu valor alcanza a cifra de 3.415 millóns de euros. Resaltou o privilexio que supón vivir nunha cidade da estimación cuantitativa e cualitativa de Santiago e emprazou aos expertos a facer novas conxecturas sobre o seu valor.

Compartir: