XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o procedemento urxente para adxudicar o servizo de comedores escolares

26/01/2016 A Xunta de Goberno, nunha reunión extraordinaria celebrada ás 14:00 horas de hoxe martes, aprobou o inicio dun procedemento negociado sen publicidade e pola vía de urxencia, para adxudicar o servizo de comedores escolares para o que resta de curso escolar. No primeiro punto da mesma xuntanza declarouse deserto o procedemento negociado anterior, para poder iniciar o novo trámite.

O procedemento deberá estar resolto en menos de dúas semanas, e ata entón o servizo está garantido, como o estivo nos meses anteriores. Unha vez asinado o novo contrato regularizarase a situación nos comedores escolares.

Novo prego
O Goberno local aproveitará estes meses para redactar un novo prego para o próximo ano académico e convocar novamente o concurso para a concesión do servizo de comedores escolares. A intención da Concellería de Educación é levar adiante un novo proceso en permanente diálogo coas ANPAs e co resto da comunidade educativa, así como cos servizos técnicos do Concello.

Compartir: