ALCALDÍA

Martiño Noriega asistiu na Coruña ao sorteo da Copa do Rei de baloncesto

25/01/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, asistiron no Concello da Coruña ao sorteo da Copa do Rei 2016 de baloncesto, que se celebrará na cidade herculina do 18 ao 21 de febrero.

O Rio Natura Monbus Obradoiro, que exercerá de equipo anfitrión nesta edición, quedou emparellado na eliminatoria de cuartos de final co Laboral Kutxa Baskonia. De gañar o partido, o conxunto compostelán enfrontaríase ao gañador do partido entre o Real Madrid e o Montakit Fuenlabrada.

Compartir: