ACCIÓN CULTURAL

David Rodríguez AKA Tina Paterson protagoniza un coloquio na Zona "C"

26/01/2016 A Concellaría de Acción Cultural continúa coas súas propostas para debater arredor da cultura, a participación cidadá e as formas de construír a cidade entre todos. Así, se o mes pasado tiñamos a oportunidade de intercambiar opinións con Joana Hurtado, do Can Felipa, arredor da súa experiencia neste centro cívico de Barcelona, este mes de xaneiro poderemos facelo con David Rodríguez AKA Tina Paterson.

Rodríguez, que estará na Zona "C" este mércores a partir das 20:00 horas, defínese a si mesmo como "artista, mediador cultural e o que se tercie". Dende a Concellaría de Acción Cultural preténdese que o coloquio, que leva por título "Tramando con otros: modos de hacer la ciudad en común" sexa o máis aberto e participativo posible. A entrada é libre.

Así se presentan David Rodríguez AKA Tina Paterson (Madrid, 1972) na súa web:

"Traballei, como sen querer, como mediador social seguramente polo rexeitamento a participar no mundo da arte como un mero artista. O meu traballo estivo centrado nos proxectos de creación colectiva e en articular ou crear redes e comunidades que traballan autonomamente, desde as protestas veciñais, aos movementos sociais e antisistemas ou outros proxectos directamente de pura chanza antimunícipes.

Principalmente botei unha man para apuntalar proxectos como La Fiambrera Obrera, SCCPP.org, Yomango, Bordergames, Pornolab, Unbarriofeliz, El Mejor Partido, ComidaBasura, El Invernadero, PropolisColmena, entre outros. Desenvolvín o arrinque de La Tabacalera de Lavapiés e entre moito curro e fregar moitos chans, montei un baile veciñal que se chamaba La Flor de Lavapiés e deume tempo para estudar e investigar a memoria de aquel lugar traballando coas Cigarreras.

No Medialab Prado, organicei os talleres HelloWorld! de creación escénica e novas tecnoloxías e un grupo de cociña e ciencia chamado Cook it your self!, e traballei como mediador nesta institución municipal, coordinando as estacións de traballo do Foodlab e Hacer Barrio.

Dirixín e producín os meus propios proxectos escénicos: Versión_Beta (2009) e Cigarreras. Métodos y tiempos (2011). Aínda que aspiro a que teñan pouco ou nada que ver co teatriño. Publiquei libros aos seus amigos e eu mesmo escribín e ilustrei outro: Una historia real que sólo contada parece verídica e un de fotos vellas chamado Olvido. E preparei e servín de cear a uns amigos, na curtametraxe titulada Somos Nadie: Txomin y Rafa (2012).

Son un dos fundadores do MakespaceMadrid, do proxecto de cervexa artesanal comunitaria Community Brewery. Unha cervexa que producimos que se chama Txomin, en homenaxe a un amigo que é un tipo moi majo, por certo. E agora interésanme a agroecoloxía, a apicultura urbana co proxecto Miel de Barrio, e así sucesivamente…

E deixo máis da metade. Vamos, que non paro quieto."

Direccións relacionadas



Compartir: