PROMOCIÓN ECONÓMICA

Enjabonarte, primeiro premio na edición de outono do concurso de escaparatismo

18/10/2006 O comercio Enjabonarte foi o gañador da edición de outono do concurso de escaparatismo SCQ Shopping, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio. Enjabonarte dedícase á venda de xabón natural en porcións, e está situado na rúa Bautizados, no casco histórico da cidade.

O segundo e o terceiro premio do certame recaeron nos establecementos Andrómenas e Bo Concept, ámbolos dous dedicados á venta de elementos de interiorismo e decoración, e situados no ensanche compostelán.

O xurado tivo en conta na selección a orixinalidade do deseño, a ambientación e a eficacia da mensaxe presentada, así como o espazo no que se localiza cada establecemento.

Os gañadores desta edición recibirán como premio unha campaña de promoción do seu establecemento en medios de comunicación locais escritos e audiovisuais e en medios electrónicos. Deste xeito preténdese promocionar o traballo destes establecementos entre os consumidores de Compostela.

No mes de decembro terá lugar a edición de inverno deste certame, que se está a consolidar como unha cita asentada dentro do calendario de actividades comerciais desenvolvidas pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio.

Compartir: