ALCALDÍA

Martiño Noriega reúnese con representantes da Secretaría Técnica da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

14/01/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse con Víctor López e Miguel Pérez, da Secretaría Técnica da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

Esta nova Asociación quedou constituída o pasado 10 de novembro en Burgos e ten como fins fundamentais a atención ao peregrino, o coidado do Camiño e a promoción dos municipios polos que este pasa. Xunto con Jaca, Logroño, Burgos e Astorga, Santiago de Compostela asinou en novembro de 2013 o protocolo de adhesión que levou finalmente á creación desta entidade.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago está integrada inicialmente por 26 concellos, pero xa teñen solicitada a adhesión outros 21.

Compartir: