CURTOCIRCUÍTO

Ábrese o I Mercado Internacional da Curtametraxe de Santiago de Compostela

18/10/2006 O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá, o xoves 19, a presentación do I Mercado Internacional da Curtametraxe de Santiago de Compostela. A súa finalidade é ofrecer un novo punto de encontro que favoreza a difusión da curtametraxe en tódalas súas variantes.

O Mercado abre unha porta máis ao traballo dos autores tanto individuais coma colectivos, a empresas e institucións ou calquera outra entidade. Deste xeito favorécese de xeito permanente un servizo de contacto como unha auténtica axencia de compra-venda para todos aqueles que así o soliciten.

Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que, nun entorno único como é a cidade de Santiago de Compostela, permitirá citas privilexiadas entre xóvenes cineastas, compradores, distribuidores e programadores achegados dende tódalas partes do mundo.

Compartir: