COMERCIO

A tenda Como Pez en el Agua gaña o Concurso de Ambientación de Nadal

05/01/2016 O Concello de Santiago convocou outra edición do Concurso de Ambientación de Nadal, dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros co ánimo de visibilizar o atractivo da nosa cidade nunhas datas tan salientables como as de Nadal. A gañadora foi Leonor Díaz González, propietaria da tenda Como Pez en el Agua, situada na rúa de San Pedro. O premio está dotado con 450 euros.

Con este certame, o Concello quixo recoñecer un ano máis a realización de intervencións artísticas ou decorativas nos escaparates e fachadas dos nosos comercios, restaurantes e demais establecementos de hostalería e restauración do municipio.

O xurado tivo en conta os seguintes criterios avaliativos: calidade técnica, aproveitamento de recursos propios, orixinalidade e innovación nos contidos e nos formatos, exposición do produto, unidade e composición. O xurado estivo formado pola concelleira de Comercio, un representante do Departamento, integrantes das asociacións de comerciantes e un profesional do sector do interiorismo.

Compartir: