ALCALDÍA

Lembrando a Xosé Neira Vilas cando se cumpren 55 anos da publicación de "Memorias dun neno labrego"

05/01/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sumouse na Cidade da Cultura ao acto de homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, na data na que se cumpren 55 anos dende a publicación de Memorias dun neno labrego, novela que foi publicada en Arxentina en 1961 pola editorial Follas Novas e que, a día de hoxe, é considerada a novela más lida e traducida das letras galegas.

Coincidindo con esta efeméride, o auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia recibe dende xa o nome de Auditorio Xosé Neira Vilas. Esta nova denominación formalizouse nun acto de homenaxe ao escritor que contou coa presenza do alcalde, Martiño Noriega; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Emigración, Antón Rodríguez; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Luis Reimóndez; e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Hugo Domínguez Conde, un alumno de 9 anos do CRA de Boqueixón (Vedra), veciño do escritor recentemente falecido, foi o encargado de abrir o acto coa lectura do inicio de Memorias dun neno labrego. E Roi Casal interpretou con arpa acústica dous poemas de Xosé Neira Vilas.

Compartir: