EDUCACIÓN

O programa "Vivir o mundo: vivir Europa" leva a 14 mozos composteláns de viaxe a Bruselas

14/04/2005 Os participantes foron seleccionados de entre os solicitantes, nun sorteo público celebrado no concello de Santiago o día 31 de marzo de 2005.

O venres 15 de abril ás 8 horas sairá o grupo de 14 mozos e mozas de Santiago de Compostela participantes no programa "Vivir o mundo: vivir Europa" que a Deputación de A Coruña convoca para os nenos de 12 a 14 anos desta provincia.

Está previsto que un autobús os recolla ás 5,45 horas na Dársena de Xoán XXIII. Logo de tres días de viaxe, regresarán o domingo 17 a Santiago, ás 20 horas.

Actividades programadas
Na visita a Bruselas, que en todo momento estará guiada por monitores especializados, poderán coñecer as sedes das institucións europeas, así como as accións e decisións que para todos se teñen ali tomado, explicando de xeito didáctico o papel que xogan as mesmas (Parlamento europeo, Sede da Institución, etc.).

Complementariamente realizarase un percorrido pola cidade de Bruxelas, visitando os lugares de interese histórico-artístico, así como unha viaxe a algunha das cidades históricas do seu entorno (Bruxas, Gante) e visitas guiadas a lugares de interese en Bélxica.

Todas as actividades incluídas no programa non suporán desembolso algún para os participantes agás a cota previa
de inscrición, que é de 60 euros.

Compartir: