INFRAESTRUTURAS

A primeira fase do saneamento da conca do río Aríns dotaraa de 15 quilómetros de colectores

09/10/2006 A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de saneamento da conca do río Aríns. A primeira fase de actuación, que afecta aos colectores secundarios, conta cun investimento de 2.548.645 euros e o seu prazo de execución é de 11 meses. No mes de novembro comezarán as obras, que permitirán crear unha rede de 15 quilómetros de colectores.

Segundo anunciou o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, estas actuacións permitirán darlle servizo ás zonas de Marrozos, Aríns, O Eixo, Bando e Lamas de Abade. Ademais das propias canalizacións, habilitarase a conca do río Aríns para a creación dun paseo fluvial.

A esta primeira fase, unirase unha segunda, pendente de licitación autonómica, cun orzamento duns catro millóns de euros. En total, investiranse nove millóns de euros nunhas obras que rematarán en 2008. "Esta rede soportará en 20 anos o crecemento da cidade nestas zonas", apuntou Bernardino Rama.

Compartir: