SOLIDARIEDADE

Unicef celebrou o seu 60 aniversario cunha cea solidaria

07/10/2006 Unicef-Galicia celebrou unha cea solidaria para conmemorar o 60 aniversario da organización. Tivo lugar no Hotel Puerta del Camino e asistiron, entre outros, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os actores Ana Duato e Imanol Arias, na súa condición de embaixadores de Unicef.

A cea contou cunha importante afluencia de persoas coñecidas e doutras anónimas que quixeron colaborar neste acto solidario. A invitación custaba 60 euros e máis da metade desta cantidade destinábase a accións en prol da infancia.

Unicef é a Axencia de Nacións Unidas encargada de garantir o cumprimento dos dereitos da infancia. A Convención sobre os Dereitos do Neno é a lei fundamental na que basea o seu traballo. Centra os seus esforzos en cuestións como a educación das nenas, o desenvolvemento integrado da primeira infancia, a inmunización, a loita contra o SIDA ou a protección das nenas e nenos fronte a violencia, a explotación, os malos tratos e a discriminación.

Compartir: