MOCIDADE

Dezasete novos cursos e talleres para mozos e mozas nos últimos dous meses do ano

30/10/2015 A Concellaría de Mocidade pon a disposición dos mozos e mozas da cidade unha serie de actividades formativas para atender aos seus intereses e motivacións, en colaboración con profesionais e colectivos locais especializados en diversos sectores. A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou o calendario de cursos e talleres para os meses de novembro e decembro. A participación en todos é de balde.

Os cursos abranguen diferentes ámbitos, como a lingua de signos, a busca de emprego, a fotografía ou a pintura. En canto aos talleres, a oferta da Concellaría achégase á cociña desta época do ano, á calceta e o gancho, ao scrapbooking e ao traballo en coiro. O calendario complétase este ano con outra edición da actividade "Love coaching", destinado a traballar as relacións afectivas e a celebrar en novembro e decembro.

Para participar en todas as actividades, terán prioridade aquelas persoas empadroadas no Concello de Santiago. Non obstante, no caso de quedar vacantes, poderanse atender outras solicitudes.

Moitas das actividades terán lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, pero tamén haberá cursos e talleres nas sede das entidades colaboradoras. A duración e periodicidade das actividades tamén é variada.

Para más información e inscricións: Concellería de Mocidade
CSC e Xuvenil Municipal do Ensanche
Frei Rosendo Salvado 14-16 Baixo
15701 Santiago de Compostela
Tel.: 981 543 001
dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Documentos relacionados



Compartir: