DIA DAS LETRAS GALEGAS

Trapsa e o Concello convocan un concurso de relatos

13/04/2005 Con motivo do Día das Letras Galegas, que terá lugar o vindeiro 17 de maio, o Concello de Santiago, xunto con Trapsa, empresa concesionaria do transporte urbano, convocan un concurso relatos curtos.

Esta é a primeira edición do concurso de relatos curtos para rapaces da comarca de Santiago e que quere conmemorar o Día das Letras Galegas, que se celebra cada 17 de maio.

Poderán presentarse a este certame todos os mozos da comarca maiores de 12 anos cun relato curto escrito en galego. Con esta convocatoria, o Concello e Trapsa queren impulsar o uso da lingua. O primeiro premio consiste nun ordenador persoal, o segundo unha cámara dixital e o terceiro nun bono de transporte urbano de tres meses. Os tres relatos serán publicados posteriormente.

O enderezo ao que deberán remitirse os traballos, cunha extensión superior aos dez folios e escritos por unha soa cara antes do 26 de abril, é: Trapsa, Feira de Santiago, Edificio Complementario. Amio s/n. Santiago de Compostela.
Os traballo han de enviarse nun sobre baixo pseudónimo, e dentro deste, outro que conteña todos os datos do autor.

Documentos relacionados



Compartir: