ACCIÓN CULTURAL

The Buttshakers chegan a Compostela dentro do ciclo Blues Nite by 1906

28/10/2015 A orquestra The Buttshakers chegan a Compostela dentro do ciclo Blues Nite by 1906 para deleitarnos co seu rithm & blues e dose de garaxe. Será este xoves 29 de outubro cando os poderemos escoitar na Sala Capitol a partir das 21:30 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto e poden mercarse do no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com.

Rhythm & blues, doses de garaxe, e un gran sex-appeal fan que as súas cancións sexan como potentes golpes de calor, convertendo os seus espectáculos nunha quente e furibunda pista de baile.

Liderados pola enerxía e a feiticeira voz da sedutora e carismática riot-girl Ciara Thompson, os Buttshakers están creando o seu propio camiño a base dun cálido, e cru rhythm and blues, con esencia do mellor da música soul que tanto aman.

Despois do seu primeiro álbum en 2011, Headaches & Heartaches, que serve para descubrir a banda e os leva a percorrer de arriba abaixo as estradas europeas e un EP chamado Wicked Woman en 2013, gravado no Yeah Yeah Yeah Estudio en Hamburgo (Alemaña) co selo CopaseDisques, os Buttshakers lanzaron o seu segundo álbum, chamado Night Shift en 2014. Sempre co blues e o soul de alta gradación nas súas veas, este álbum recorda o mellor de Sharon Jones, Charles Bradley, James Brown...

Compartir: