ALCALDÍA

A Deputación destina 636.000 euros para apoiar a cultura en Compostela

20/10/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asinou catro convenios e colaboración para o financiamento de distintas actividades culturais na cidade.

A Deputación da Coruña apoia a programación cultural do Concello de Santiago a través de catro convenios de colaboración por un total de 636.000 €. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega asinou os convenios nun acto que se desenvolveu na sede da Deputación e no que participou tamén a vicepresidenta, Goretti Sanmartín ademais do deputado da área de Cultura, Xosé Regueira.

As actividades dos centros socioculturais do rural do Concello, o sostemento do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche, o programa do Auditorio de Galicia e o Festival Internacional de curtametraxes, Curtocircuito son os obxectivos dos catro convenios polos que a Deputación da Coruña apoia a programación cultural do Concello de Santiago, tanto nos centros urbanos como nos do ámbito rural.

Un total de 140.000 € destínanse aos centros que ofrecen programación á poboación que reside nos núcleos do rural, de 240.000 é a achega para o programa anual do Auditorio de Galicia, 144.000 teñen como destino a dinamización do centro sociocultural e xuvenil do Ensanche e, finalmente 112.000 encamíñanse ao XII Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuito.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, agradeceu á Deputación da Coruña "un apoio que é de grande importancia para unha programación mantida no tempo e que responde á idea da Deputación como facilitadora para as administracións locais".

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, participou no acto de sinatura do convenio xunto co responsábel da área de Cultura, Xosé Regueira. Goretti Sanmartín, destacou a "continuidade no apoio á programación cultural do Concello, a través de programas que faciliten a extensión da cultura a todos os espazos e no conxunto do territorio". Nesa liña, afirmou que "ao apoio á cultura no rural hai que acrecentar que estas axudas.

Compartir: