TURISMO

O foro FairWay clausura a súa primeira edición con éxito de participación

18/10/2015 O primeiro foro sobre o Camiño de Santiago, que se celebrou na Cidade da Cultura, recibiu a visita de 5.000 persoas.

FairWay pechou este domingo a súa primeira edición co evento Enocións, que mesturou a música do Coro da Ra cunha cata de viños do Ribeiro. Á clausura acudiu a concelleira de Turismo, Marta Lois.

O evento reuniu dende o xoves pasado en Compostela a 30 ponentes distribuidos en catro paneis de exposición sobre o Camiño. Tamén participaron deste evento numerosos expertos na Ruta Xacobea procedentes de 10 países distintos, touroperadores e público en xeral.

Entre as actividades de maior éxito destacou o Espazo Gastro onde os asistentes puideron gozar da gastronomía das comunidades autónomas por onde discorre o Camiño que tamén estiveron representadas nos stands da Cidade da Cultura

Este fórum, o primeiro que se fai en torno aos camiños de Santiago foi todo un éxito e xerou ademais volume de negocio entre empresas e touroperadores.

Compartir: