EDUCACIÓN

Un grupo de alumnos do colexio Junior's visita o Pazo de Raxoi

16/10/2015 O concelleiro de Educación, Manuel Dios, ensinoulle os distintos salóns do Concello a un grupo de alumnos do colexio compostelán.

Uns 30 alumnos de primeiro e segundo de primaria do colexio Junior's foron recibidos polo concelleiro de educación no Pazo de Raxoi. Xunto a el percorreron os distintos salóns do Concello e aprenderon a súa historia.   A visita finalizou no Salón de Pleno. Os rapaces e rapazas sentíronse concelleiros e concelleiras por un día sentándose nas bancadas, onde escoitaron atentamente as explicacións dos seus mestres.

Compartir: