CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Trisca presenta "Domani Lavoro", de Paco Rocha

05/10/2006 O Centro Sociocultural A Trisca inaugura o venres 6 de outubro, ás 20.00 horas, a exposición Domani Lavoro, do fotógrafo santiagués Paco Rocha. Esta exposición estará aberta ao público ata o 30 de outubro. Na realización deste proxecto expositivo colaborou a tenda Zürich-SCQ, e a marca de película Rollei.

Domani Lavoro é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, ondes se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro permite ao espectador situarse no contexto no que se desenvolven as distintas persoas retratadas e reflectir e contrastar distintos aspectos das cidades: dende os idílicos lugares con "encanto" ata as partes máis "ocultas" aos ollos do turismo.

O acto de inauguración estará presidido pola concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón Ferreiro, e nel, o autor Paco Rocha explicará o sentido da serie expositiva.

Compartir: