POLÍTICAS SOCIAIS

A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, reúnese con Red Madre

06/10/2015 Concha Fernández reuniuse esta mañá coa asociación Red Madre, á que lle confirmou a intención do goberno local de retirarlle o convenio e o piso municipal que están a usar como sede para outros usos de emerxencia social.

Segundo a concelleira, foi unha xuntanza cordial na que se falou tendidamente no traballo a desenvolver por Red Madre, tanto con mulleres coma con nenos, e na que a asociación "comprendeu a necesidade do Concello de recuperar ese piso para as persoas sen teito da cidade". A concelleira de Políticas Sociais transmitiulle que a concellería ten que priorizar os usos en función do grao de emerxencia social, de aí que se vaia destinar para as persoas sen teito de Santiago.

O concello, pola súa banda, puxo de manifesto que ten unha rede extensa de servizos comunitarios para atender ás necesidades das persoas. Nesa liña asináronse nas últimas semanas 26 convenios con entidades de todo tipo e perfís por valor de medio millón de euros, dos cales 300.000 euros están adicados á emerxencia social.

Compartir: