EDUCACIÓN
As actividades continuarán o sábado 7 de outubro, ás 10:00 horas, cunha xornada de anelamento científico de aves na Granxa do Xesto. Pola tarde, tamén en Fontiñas, proxectarase a curtametraxe "O monte de San Xurxo", de Pablo García Rivas. O calendario complétase o sábado 14 cun paseo pola Alameda para observar as aves. O punto de encontro será a fonte situada fronte ao Instituto Rosalía de Castro.
Compostela celebra do Día Mundial das Aves
04/10/2006 A Sociedade Galega de Historia Natural, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, celebra o Día Internacional das Aves, o 5 de outubro, cun programa de actividades. Contribuír a unha maior sensibilización da poboación sobre o medio ambiente é o obxectivo desta iniciativa.
O Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a partir das 19:00 horas unha proxección de diapositivas de aves de Kenia e das Illas Galápagos, con especies que se poden atopar na propia Alameda de Santiago. No mesmo paseo da Susana pódense atopar na actualidade unhas 50 variedades de aves.As actividades continuarán o sábado 7 de outubro, ás 10:00 horas, cunha xornada de anelamento científico de aves na Granxa do Xesto. Pola tarde, tamén en Fontiñas, proxectarase a curtametraxe "O monte de San Xurxo", de Pablo García Rivas. O calendario complétase o sábado 14 cun paseo pola Alameda para observar as aves. O punto de encontro será a fonte situada fronte ao Instituto Rosalía de Castro.