FACENDA

O Concello aboará aos funcionarios o 25% da paga extra retida polo Goberno en 2012

01/10/2015 O persoal municipal do consistorio compostelán recibirá no mes de outubro a cuarta parte da retribución extra do Nadal de 2012.

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, realizará o pago do 25% da paga extra dos funcionarios do Concello, deixadas de percibir pola supresión da paga extra do 2012 realizada polo Partido Popular. A contía total supera os 330.000 euros.

A lei di que cada administración pública pode decidir aboar esta porcentaxe no exercicio 2015, se a súa situación económica e financieira o permite. "Nós consideramos que é de xustiza e de dereito proceder ao pago. Por iso estamos a realizar as actuacións administrativas necesarias para facelo canto antes". María Rozas conta con que ao longo deste mes de outubro se aboen as cantidades pendentes de pago e que se corresponden a este 25%.

Compartir: