ALCALDÍA

O Lobelle de Santiago entregoulle ao alcalde un carné honorífico

03/10/2006 Antes do comezo do partido contra o DKV Seguros Zaragoza, o Autos Lobelle de Santiago FS entregou ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, un carné honorífico do club da temporada 2006-2007, que vén de comezar.

Con este carné, o club quixo agradecerlle o apoio prestado durante a pasada temporada, na que Sánchez Bugallo foi un habitual das gradas do Multiusos do Sar. A entrega do carné non puido facerse na primeira xornada de Liga, por coincidir o encontro cunha viaxe do alcalde a Arxentina.

Compartir: