ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a embaixadora da República Checa, Katerina Lukesova
25/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi a embaixadora da República Checa, Katerina Lukesova.
Santiago de Compostela e a República Checa manteñen estreitas relacións en ámbitos económicos, culturais, académicos ou turísticos. Un exemplo deste último é a presenza este mesmo mes na capital checa, Praga, da oferta turística de Santiago nunha presentación conxunta co resto de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.