TURISMO

Os concellos de Santiago de Compostela e da Coruña analizan os mapas de rutas dos aeroportos de Lavacolla e Peinador

24/09/2015 A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reuniuse onte pola tarde co concelleiro de Emprego e Economía Social de A Coruña, Alberto Lema, para analizar a situación dos aeroportos de Lavacolla e Alvedro. A xuntanza celebrouse no Pazo de María Pita, e nela tamén participou o edil compostelán de Medio Rural, Rafael Peña, membro do Consello de Administración de Incolsa e coñecedor da terminal compostelá e das súas dinámicas.

O de onte foi o primeiro dunha serie de encontros entre os responsables de Turismo dos dous concellos, de cara a analizar o mapa de rutas, mellorar a coordinación e optimizar os recursos das administracións locais. En todo caso, Marta Lois lembra que os concellos de Santiago e da Coruña non teñen competencia directa sobre os aeroportos, pero si poden estudar xuntos unha racionalización dos investimentos públicos.

Está previsto que nas próximas semanas se celebre unha nova reunión entre as dúas partes, que terá lugar en Compostela.

Compartir: