PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello achega 84.000 euros ás asociacións de comerciantes das cidade

03/10/2006 A Concellaría de Promoción Económica e Comercio, representada polo seu titular, Xosé Manuel Iglesias, asinou os convenios de colaboración coas entidades asociativas do comercio da cidade: Acotés, Compostela Monumental, Mercado de Abastos e Santiago Centro. Os acordos contemplan unha liña de axudas por un total de 84.000 euros.

Estes convenios afectan por primeira vez á sociedade cooperativa xestionada polos propietarios dos postos de venda da praza de Abastos da ciade e á Agrupación de Comerciantes de Santiago, Acotés. Cada unha das catro entidades asinantes presentou un proxecto de actuacións a desenvolver.

Entre as iniciativas a por en marcha están as seguintes: deseño e difusión de campañas publicitarias e profesionais; comunicación corporativa; actos a pé de rúa, para a difusión das tendenzas na moda téxtil, de calzado e de complementos, e para a promoción de produtos de alimentación; actos conmemorativos e colocación de distintivos identificativos nos establecementos adheridos ás diferentes asociacións.

Compartir: