ALCALDÍA
O alcalde visitou as dependencias da Policía Local pouco antes das oito da mañá, para dese xeito poder falar cos axentes dos turnos da noite e da mañá.
Martiño Noriega felicita a Policía Local polo seu traballo durante a tractorada
22/09/2015 O alcalde de Santiago visitou esta mañá as dependencias da Policía Local para felicitar os axentes polo labor que desenvolveron durante a tractorada. E é que as mobilizacións do sector lácteo que tiveron lugar en Compostela entre o 7 e o 11 de setembro obrigaron aos traballadores do corpo a dobraren turnos para garantir a seguridade.
Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro Xan Duro, agradeceulle á Policía Local o seu esforzo e o seu bo facer, que permitiu minimizar o impacto das manifestacións na vida diaria da veciñanza. O rexedor loubou a empatía e implicación dos axentes, e aproveitou para lembrar a comprensión amosada polos composteláns durante as mobilizacións.O alcalde visitou as dependencias da Policía Local pouco antes das oito da mañá, para dese xeito poder falar cos axentes dos turnos da noite e da mañá.