CULTURA

Nova edición do xogo de rol "Vampiro: a mascarada"

12/04/2005 O vindeiro venres 29 de abril celébrase na cidade de Santiago de Compostela a segunda macro-partida do xogo de rol en vivo "Vampiro: a mascarada", titulada "O Concilio das sombras". A primeira edición deste xogo de terror gótico, na que participaron cerca de 200 xogadores, desenvolveuse o ano pasado tamén en Santiago e levou por título "Legado de sangue". Para esta edición, calcúlase que participarán unhas 500 persoas.

O concilio das sombras está organizado pola asociación compostelá "Proyecto-13" en colaboración coas concellarías de Educación e Cultura do Concello de Santiago.

O xogo desenvolverase de 11 da noite a 4 da madrugada polas rúas e prazas da zona vella e en diversos lugares reservados especialmente para a ocasión como a Sala Capitol, o Teatro Principal ou o Parque de Bonaval. Os participantes, buscarán durante as 5 horas que dura a partida resolver un misterio que se atopa oculto baixo 9 das mais emblemáticas portas de Compostela.

Para participar no xogo é necesario ser maior de idade, formar un equipo de 3 a 5 persoas, vir caracterizado de vampiro e inscribirse do 6 o 23 de abril en diversas librarías especializadas de Santiago, Coruña, Vigo, Ourense ou Pontevedra. Poderán participar un máximo de 500 xogadores. O prezo da inscrición é de 8 euros. Os interesados poden atopar máis información na páxina web dos organizadores.

Compartir: