CONSORCIO
O venres celebrarase un concerto no barrio de San Pedro, no xardín da Zona C de Bonaval, ou na igrexa de San Domingos de Bonaval se o tempo é adverso. O último concerto deste ciclo será o vindeiro sábado no Ensanche, na Praza Roxa, actuación que se suspendería se as condicións meteorolóxicas non fosen favorables.
Obras clásicas e románticas para todos os públicos
A Real Filharmonía achegará ao público unha selección de obras clásicas e románticas moi populares. Así, os concertos comezarán coa obertura de As vodas de Fígaro, de Mozart. De seguido, a orquestra tocará a obertura de Coroliano, de Beethoven. Os asistentes tamén poderán escoitar parte da Suite nº 1 "Peer Gynt", do compositor noruegués Edvard Grieg.
Os músicos tocarán ademais a obertura de As Hébridas, de Mendelssohn. A continuación interpretarán a obertura de A italiana en Alxer, do compositor italiano Gioachino Rossini e os concertos rematarán cun fragmento de O soño dunha noite de verán, de Mendelssohn.
Seguen os concertos nos barrios da Real Filharmonía de Galicia
16/09/2015 O Consorcio de Santiago está a promover o achegamento da Real Filharmonía de Galicia e a música clásica aos cidadáns. Con esta filosofía, durante toda esta semana estanse a celebrar concertos gratuítos en barrios significativos da cidade compostelá, ao aire libre, aínda que están previstos espazos alternativos para os días que choiva. A batuta lévaa o mestre holandés afincado en Galicia Bram Sniekers, director artístico do Conservatorio Profesional de Música de Lalín e director da súa orquestra.
O primeiro destes concertos tivo lugar este martes en Fontiñas, en Área Central. Este mércores, ás 20:00 horas, os músicos tocarán en Vite, no parque da Ponte Mantible, e trasladaranse ao Auditorio de Galicia en caso de choiva. O xoves terán a oportunidade de desfrutar da orquestra os veciños de Conxo; o encontro musical será detrás do centro sociocultural Aurelio Aguirre e, se chovese, sería na igrexa de Santa María.O venres celebrarase un concerto no barrio de San Pedro, no xardín da Zona C de Bonaval, ou na igrexa de San Domingos de Bonaval se o tempo é adverso. O último concerto deste ciclo será o vindeiro sábado no Ensanche, na Praza Roxa, actuación que se suspendería se as condicións meteorolóxicas non fosen favorables.