CONVIVENCIA
Unha das medidas para minimizar o efecto no tráfico será que queden libres os dous carrís de saída (dirección Pontevedra) da SC-20 e un cando menos de entrada. Tamén se tomaron medidas para que non queden obstaculizados os accesos aos hospitais. En calquera caso, recoméndase aos condutores que, no posible, empreguen a AP-9 para desprazarse.
A previsión é que as maiores dificultades de acceso á cidade se presenten pola estrada de Santa Comba. Hai efectivos da Garda Civil que antes da chegada á cidade desvían os vehículos por vías alternativas.
Martes a xoves
Na xornada do martes, ás 12:00 horas, os tractores concentraranse nas rúas lindeiras coas áreas comerciais de Área Central e As Cancelas, mentres que ao día seguinte, tamén ás 12:00 horas, os vehículos situaranse nas rúas lindeiras aos edificios administrativos de San Caetano.
O xoves 10, haberá unha manifestación a pé que sairá ás 12:00 horas da Alameda e seguirá por: Senra, praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, San Roque, Basquiños e Pastoriza, ata os edificios administrativos de San Caetano.
Transporte urbano e estacionamento
O servizo de transporte urbano tamén se está vendo afectado por esta concentración. Tussa está informando sobre a incidencia nas diferentes liñas en tempo real aos usuarios a través das redes sociais, dos postes informativos e do teléfono 901 120 054.
Hai que lembrar tamén que os tractores se concentran no estacionamento de Salgueiriños, polo que a recomendación é non utilizar este aparcamento, empregando como alternativa outros recintos de bordo como os de San Lázaro e Santa Marta.
Recoméndase evitar no posible o uso do vehículo nesta xornada de tractorada, que arrancou dende Salgueiriños ás 14:15 horas
07/09/2015 "Non é un día para moverse en coche e para depender do transporte público", indicou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, a propósito da xornada de concentración de tractores prevista para a xornada deste luns en Santiago. A concentración dende Salgueiriños arrancou ás 14:15 horas, dúas horas máis tarde da hora inicialmente prevista.
Cómpre lembrar que o percorrido previsto para os tractores é o seguinte: San Caetano, avenida de Castelao, Vista Alegre, Salvadas, Galeras, San Lourenzo, Mestre Mateo, Romero Donallo, Hórreo, avenida de Lugo, Rodríguez de Viguri, Camiño Francés, Irmandiños e Salgueiriños.Unha das medidas para minimizar o efecto no tráfico será que queden libres os dous carrís de saída (dirección Pontevedra) da SC-20 e un cando menos de entrada. Tamén se tomaron medidas para que non queden obstaculizados os accesos aos hospitais. En calquera caso, recoméndase aos condutores que, no posible, empreguen a AP-9 para desprazarse.