FACENDA
Esta superación do teito de gasto, dixo, obrigará por lei ao Goberno local a realizar un plan económico e financeiro, con axustes e contención do gasto. O plan, que deberá someterse á aprobación do Pleno, "fará imposible acometer a totalidade do gasto comprometido nos orzamentos 2015 e condicionará futuros exercicios", como o de 2016, no que "a intención do Goberno municipal é volver á senda da estabilidade do gasto".
Previsións non realistas
Esta "mala xestión" orzamentaria tamén se plasma, segundo a concelleira, no informe das contas presentado pola Intervención municipal. Así, o documento indica que no orzamento de 2015 hai un exceso do teito de gasto de 9.758.963,49 euros.
Denunciou igualmente unha "previsión de ingresos inflada e nada realista". En concreto, o informe fala de que, no orzamento de 2015 "vinculouse nunha gran parte, case o 47% do orzamento inicial de investimentos a unha venda de terreos e outros ingresos sobre os que non se iniciou ningún tipo de expediente".
Os axustes que agora se deberán realizar, subliñou María Rozas, "limitarán a nosa xestión económica" e deixará "pouco marxe de manobra". Neste sentido, recordou que a redución do gasto por lei ten que ser en gastos non financeiros. En calquera caso, indicou que o Goberno local "priorizará investimentos e buscará fondos na medida das nosas posibilidades".
A Conta Xeral será sometida a exposición pública por un período de 23 días hábiles. Ademais, será publicada na web municipal para que todos os cidadáns poidan ter acceso aos seus datos.
O incumprimento do teito de gasto no exercicio 2014 obrigará ao Concello a aprobar un novo plan económico e financeiro
02/09/2015 A concelleira de Economía e Facenda, deu conta dalgúns dos asuntos tratados na Comisión de Facenda constituída nesta mesma xornada. Entre estas cuestións figurou a Conta Xeral 2014, que segundo indicou a edil, reflicte un incumprimento do teito de gasto fixado polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para as entidades locais, superándoo máis de dous millóns de euros. Tamén explicou o informe da Intervención sobre as contas municipais a 13 de xuño, que apunta un exceso de gasto de case 10 millóns de euros presupostado para este exercicio 2015.
María Rozas indicou que a Conta Xeral 2014 reflicte un exceso do teito de 2.355.437,63 euros, o que, ao seu xuízo, demostra que a anterior Goberno local "gastou por riba das posibilidades desta Administración". Desta cantidade, 1.497.289,09 euros corresponden ao Concello e 858.148,54 euros a Incolsa. Explicou que este desfase non é só derivado da xestión do exercicio 2014, senón tamén dunha "baixa execución do gasto que xa vén de 2013".Esta superación do teito de gasto, dixo, obrigará por lei ao Goberno local a realizar un plan económico e financeiro, con axustes e contención do gasto. O plan, que deberá someterse á aprobación do Pleno, "fará imposible acometer a totalidade do gasto comprometido nos orzamentos 2015 e condicionará futuros exercicios", como o de 2016, no que "a intención do Goberno municipal é volver á senda da estabilidade do gasto".