CENTROS SOCIOCULTURAIS
O sorteo, de carácter público, terá lugar o vindeiro xoves 18 de xuño, ás 13:00 horas. no centro sociocultural do Ensanche. A partir do 20 de xuño poderán consultarse as listas definitivas e de reserva tamén nos propios centros e na páxina web www.santiagosociocultural.org.
Nemenzo e A Gracia
No caso dos preinscritos nas "Mañás de xogo" nos locais socioculturais de Nemenzo e da Gracia, todos os que cumpriran coas condicións de participación disporán de praza, non sendo preciso o sorteo.
Publicadas as listaxes de admitidos no sorteo de prazas das Mañás de Verán nos CSC de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta
16/06/2015 O pasado 11 de xuño rematou o prazo para preinscribirse nas actividades matinais previstas para o mes de xullo nos centros socioculturais no marco da iniciativa "Mañás de verán e de xogo", integradas no programa Vive o Verán 2015. Ao ter recibidas máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 18 de xuño para adxudicar as prazas definitivas dos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e Santa Marta.
Desde este mércores 17 poderán consultarse nos taboleiros dos centros socioculturais as listaxes dos participantes inscritos admitidos ao sorteo das 120 prazas ofertadas nestes tres centros urbanos.O sorteo, de carácter público, terá lugar o vindeiro xoves 18 de xuño, ás 13:00 horas. no centro sociocultural do Ensanche. A partir do 20 de xuño poderán consultarse as listas definitivas e de reserva tamén nos propios centros e na páxina web www.santiagosociocultural.org.
Nemenzo e A Gracia
No caso dos preinscritos nas "Mañás de xogo" nos locais socioculturais de Nemenzo e da Gracia, todos os que cumpriran coas condicións de participación disporán de praza, non sendo preciso o sorteo.