MEDIO AMBIENTE

Fallo do sorteo da campaña de fomento da reciclaxe

11/04/2005 21 cidadáns gañadores do sorteo da campaña para o fomento do uso corrector dos colectores amarelos.

Un total de 21 cidadáns foron premiados no sorteo no marco da campaña informativa sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, convocado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Santiago.

Esta iniciativa, na que poideron participar todos os composteláns, tiña por obxecto difundir e fomentar o correcto uso colector amarelo (destino á recollida selectiva de plástico, latas e briks) co fin de favorecer a formación dunha conciencia social para a defensa e mellora do contorno e sentar as bases para o desenvolvemento sostíbel.

Os premiados foron:
1. PAULA ALEXANDRE TEIXEIRO
2. M. TERESA GARCÍA HERNÁNDEZ
3. MAITE CAO GARCÍA
4. ENRIQUE BROULLON VILLAR
5. LORENA JORQUERA
6. EVA PEITEADO
7. MARÍA DEL CARMEN SAAVEDRA
8. YOLANDA RODRÍGUEZ FARELO,
9. SHAILA MUÑIZ PÉREZ
10. JUAN GONZÁLEZ CAAMAÑO
11. CRISTINA ZOLLE
12. MARÍA DEL PILAR FERNANDEZ GARCÍA
13. OLGA GRADÍN MENDEZ
14. MARÍA GARCÍA SUAREZ
15. JOSÉ TUBIO LORENZO
16. DIVINO MAESTRO
17. DIVINO MAESTRO
18. JOSÉ LUIS VAZQUEZ CASTRO
19. JOSÉ LUIS VAZQUEZ CASTRO
20. LUIS FORTUNEZ
21. CARLOS SANDE BALEATO,

O sorteo foi realizado escollendo ao azar bolsas do colector amarelo que indicaban no exterior o nome, enderezo e teléfono do cidadán que as depositou. Outro dos criterios para a asignación dos premios foi a correcta utilización destes colectores, adicados especificamente á recollida de envases de plástico, latas e briks.

Aínda que inicialmente o sorteo contemplaba as bolsas depositadas entre o 15 de febreiro e o 15 de marzo, este prazo ampliouse ata o 31 de marzo, conforme as propias bases indicaban no caso de que non se esgotaron os premios ofertados.

Os premios consisten en bonos de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural en Galicia, que inclúen dúas noites de aloxamento nun cuarto duplo, almorzo e impostos. Os bonos poderán ser empregados entre o 28 de marzo e o 31 de outubro de 2005.



Compartir: